Convocatoria

BFFood abre a súa convocatoria para seleccionar proxectos innovadores do sector alimentario en Galicia.

Participa na IX EDICIÓN

BFFood abre a convocatoria da súa IX Edición para seleccionar novos proxectos innovadores que contribúan a transformar e fortalecer o sector alimentario.

O programa está dirixido tanto a proxectos en fase inicial, que poderán participar na fase de incubación, como a iniciativas que buscan impulsar o seu crecemento a través da fase de consolidación.

Data límite para Incubación

07 / 10 / 2026

Data límite para Consolidación

17 / 11 / 2026

Consulta todos os requisitos, condicións e detalles de participación nas bases do programa.

Información importante

1A quen se dirixe esta convocatoria?
Os proxectos deberán pertencer ao sector alimentario ou ser de aplicación en dito sector, responder a algún dos retos establecidos nas Bases da Convocatoria, ter carácter innovador e contar con domicilio social ou centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas fases de aceleración e consolidación.
2Como participar?
Le atentamente o documento de bases e envía a túa candidatura a través do formulario de presentación de proxectos; podes complementar cunha presentación sobre a túa idea de negocio.
3Calendario e prazos previstos para a IX Edición

04/08/2026 - Apertura de convocatoria (incubación e consolidación)

07/10/2026 - Peche (cut-off) de convocatoria para incubación

02/11/2026 - Inicio de proxectos de incubación

17/11/2026 - Peche (cut-off) de convocatoria para consolidación

15/12/2026 - PitchDay (para selección de proxectos en aceleración e consolidación)

30/01/2027 - Fin de proxectos de incubación

01/02/2027 - Inicio de proxectos de aceleración e consolidación

30/10/2027 - Fin de proxectos de aceleración e consolidación

4É necesario ter unha empresa en Galicia?
  • Incubación: Non é necesario que o proxecto teña unha empresa constituída en Galicia.
  • Aceleración: Si é obrigatorio que o proxecto teña o seu domicilio social ou centro de actividade en Galicia antes de acceder a esta fase
  • Consolidación: Si é obrigatorio que o proxecto teña o seu domicilio social ou centro de actividade en Galicia antes de acceder a esta fase

Este requisito está aliñado co obxectivo do programa de fomentar o ecosistema emprendedor e innovador no sector alimentario de Galicia.

5Que financiamento ofrece o programa?
FaseProgramaA fondo perdido (IGAPE)Financiamento XESGALICIACheques tecnolóxicos BFFood
IncubaciónGratuíto---
AceleraciónGratuítoAta 25.000 €Ata 50.000 €5.000 - 10.000 €
ConsolidaciónGratuíto-Ata 250.000 €-

Os proxectos que acceden á fase de aceleración reciben unha subvención a fondo perdido por parte de Igape de ata 25.000 €, para cubrir gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto durante a fase de aceleración.

O financiamento de XesGalicia pode outorgarse a proxectos que superen o proceso de análise de investimentos realizado por XesGalicia. Requírese que outros socios, investidores ou financiadores acheguen polo menos a mesma cantidade que XesGalicia. Este financiamento é unha ferramenta clave para startups que buscan crecer e escalar o seu negocio, con opcións que combinan préstamos participativos e entrada no capital.

Os cheques tecnolóxicos son un mecanismo de financiamento adicional dispoñible para os proxectos na fase de aceleración de BFFood. O seu obxectivo é facilitar o acceso a servizos técnicos e tecnolóxicos para o desenvolvemento e mellora dos produtos ou servizos dos proxectos participantes.