Aberto o prazo de inscrición á primeira convocatoria de consolidación de BFFood

Do 3 de febreiro ao 8 de xuño ás 14.00 horas permanecerá aberto o prazo de presentación de candidaturas á primeira convocatoria de consolidación de Business Factory Food (BFFood), a través da web.

Este programa de consolidación de BFFood está enfocado a empresas xa constituídas, con menos de seis anos de antigüidade, cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas, e aliñadas con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario, tal e como se explica nas bases da convocatoria.

A maiores, con motivo da alerta sanitaria provocada pola COVID-19 incorporouse un reto especial a esta convocatoria de consolidación dirixido a calquera iniciativa que poida ser aplicable á industria alimentaria e á súa cadea de valor e que supoña unha innovación, en sentido amplo, dirixida a fortalecer a resiliencia do sector en Galicia fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias como a do coronavirus.

Ata seis proxectos poderán ser seleccionados nesta convocatoria de consolidación na que recibirán formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como financiamento a través dun préstamo participativo por parte de Xesgalicia, que podería levar consigo unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 €.

Este novo programa conta co apoio de grandes empresas tractoras do sector, como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CAPSA FOOD, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Congalsa, Galacteum, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira, que se encargarán do proceso de mentoría dos proxectos que resulten seleccionados.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

22/12/2020

BFFood impulsa 20 proxectos no sector alimentario galego no último ano

Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
13/07/2020

Seis proxectos formarán parte da primeira convocatoria de consolidación de BFFood

Essence Food, Monkey Markets, Muutech food monitoring platform, Plataforma machine learning desenvolvida por TripleAlpha, Refix – Atlantic Sea Water e Sensesbit son os proxectos que accederán ao programa de consolidación.