BFFood incorpora o reto “innovación fronte á COVID-19” á súa I convocatoria de consolidación

Business Factory Food (BFFood) incorporou un novo reto á súa primeira convocatoria de consolidación, que se suma aos sete xa existentes, co obxectivo de buscar proxectos que poidan ser aplicables ao sector alimentario e á súa cadea de valor e que supoñan unha innovación, en sentido amplo, dirixida a fortalecer a resiliencia da industria alimentaria de Galicia fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias, como a que estamos vivindo coa COVID-19.

Os outros sete retos existentes definidos polas empresas tractoras da aceleradora, que son trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria; loxística; sustentabilidade e packaging; desenvolvemento de novos produtos; innovación de procesos e comercialización; e reto aberto, mantéñense.

Calquera entidade pode presentar a súa candidatura a esta I convocatoria de consolidación ata o 8 de xuño ás 14 horas, data na que pecha o período de inscrición. As solicitudes deben facerse a través da web da aceleradora: http://www.bffood.gal/inscripcion

Os proxectos seleccionados no programa de consolidación recibirán formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como financiamento a través dun préstamo participativo por parte de Xesgalicia, que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 €.

Esta convocatoria de consolidación, que iniciou o seu período de inscrición o pasado 3 de febreiro, conta co apoio de grandes empresas tractoras do sector, como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CAPSA FOOD, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Congalsa, Galacteum, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira, que se encargarán do proceso de mentoría dos proxectos que resulten seleccionados.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

22/12/2020

BFFood impulsa 20 proxectos no sector alimentario galego no último ano

Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
13/07/2020

Seis proxectos formarán parte da primeira convocatoria de consolidación de BFFood

Essence Food, Monkey Markets, Muutech food monitoring platform, Plataforma machine learning desenvolvida por TripleAlpha, Refix – Atlantic Sea Water e Sensesbit son os proxectos que accederán ao programa de consolidación.