Mellorar os hábitos de alimentación é un dos grandes obxectivos de moitos consumidores. Para axudalos catro emprendedores puxeron en marcha o proxecto Statera Labs, unha startup que traballa na creación de produtos innovadores de distinta natureza con propiedades saudables.
Para coñecer esta iniciativa seleccionada na segunda edición do programa de aceleración de BFFood, que está a ser mentorizada por Iago Quintana, director xeral de Dairylac, e Rubén Hidalgo, director de CAPSA V.I.D.A (Larsa), falamos con Alfredo Bermúdez, CEO e cofundador de Statera Labs.
Como xurdiu a idea do voso proxecto?
Conscientes da necesidade de mellorar a alimentación dos consumidores e da importancia de paliar algúns déficits nutricionais propios do estilo de vida actual, o meu socio Miguel, que ten case dúas décadas de experiencia como director de calidade, e eu creamos Healthinfoods para contribuír á saúde e ao benestar das persoas e os animais. É así como fundamos Statera Labs (Healthinfoods, Equinhealth e Healthinfoods Bioactives) xunto a Elena Velázquez, nutricionista e tecnóloga dos alimentos e Anxo Velázquez, pioneiro no deseño e fabricación de produtos para usos médicos especiais en España.
Cóntanos, que achegades de novo ao sector?
Achegamos unha combinación das áreas de especialización de Anxo, Miguel e Elena, referentes no deseño de produtos alimenticios especiais e solucións técnicas alimentarias; un profundo coñecemento científico, que obtemos do estudo, a investigación constante e a colaboración con grupos de investigación de referencia; e unha filosofía de calidade, rapidez de resposta e capacidade de personalización. Todo iso fai que acheguemos unha gama de produtos innovadores, fabricados en España, con estándares calidade BRC, sen ingredientes modificados xeneticamente e baseados en fórmulas contrastadas con evidencias científicas.
A modo de exemplo, desde que un fabricante encárganos un aroma natural funcional de limón cunha vitamina que reforza o sistema inmune para engadir un rebozado dun produto infantil, ata que llo provemos, pasan menos de dúas semanas. Un proceso de deseño, desenvolvemento e fabricación así require dun coñecemento moi amplo e dunha capacidade de resposta moi áxil para lograrse en dúas semanas, algo do que o cliente é consciente e valora moi positivamente.
Hai pouco, un gran fabricante latinoamericano pediunos un sustitutivo do sal e o glutamato para unha hamburguesa vegana. Puidemos deseñalo e fabricar un lote para unha proba na súa fábrica, en Chile, en 12 días, cunha excelente aceptación por parte da empresa.
Por que decidistes presentarvos a BFFood?
BFFod pareceunos unha proposta de valor única para potenciar o desenvolvemento da nosa empresa e facelo, ademais, desde Galicia, onde temos a nosa sede social. Para nós, o gran valor diferencial desta aceleradora reside na participación das empresas tractoras e na metodoloxía de aceleración eminentemente práctica, na que traballamos ao redor dun desafío.
Dais resposta ao reto produtos saudables e nutrición personalizada exposto polas empresas tractoras de BFFood, que tecnoloxías usades para a súa desarollo?
A nosa proposta consiste en aplicar a nano tecnoloxía farmacéutica para crear un ingrediente bioactivo altamente innovador baseado en tres compostos que coñecemos moi ben: a cúrcuma, o omega 3 e a vitamina D. O noso reto consiste en crear emulsiones e nano esferas que permitan incorporar esta combinación sinérgica de ingredientes a distintas matrices alimentarias incrementando a súa biodisponibilidad e, por tanto, os beneficios saudables para o consumidor. Isto permitirá a creación de produtos de distinta natureza (lácteos, augas, refrescos, salsas, etc.) con propiedades saudables adicionais para o consumidor, que axudarán aos fabricantes para diferenciarse no mercado.
Que vos está achegando o mentoring que estades a ter na aceleradora?
Os nosos mentores Iago Quintana e Rubén Hidalgo, das empresas tractoras Dairylac e CAPSA FOOD (Larsa), achégannos un gran valor. Primeiro porque poderemos aplicar o noso desenvolvemento en matrices alimentarias, que ambas as empresas fabrican, e segundo porque, a nivel persoal, ambos teñen moita experiencia traballando con ingredientes bioactivos, como o omega 3 e os probióticos.
Que obxectivo vos marcastes coa vosa participación en BFFood?
Gustaríanos que o noso ingrediente bioactivo estivese plenamente desenvolvido e incorporado a matrices alimentarias das nosas empresas mentoras, para a súa inmediata posta no mercado ao finalizar o programa. Ademais, encantaríanos colaborar con outras empresas tractoras no desenvolvemento dalgúns produtos funcionais con ingredientes bioactivos singulares que fomos creando. Aínda que os nosos primeiros nutracéuticos Healthinfoods xa están no mercado a través de Amazon, tamén queremos rematar a nosa web e tenda de comercio electrónico e posicionala no mercado europeo para explotar todas as nosas liñas de negocio.
Por que recomendarías BFFood a outros emprendedores?
Porque a proposta de valor que ofrece para un emprendedor do sector alimentario é única en España, grazas á participación das empresas tractoras en todo o proceso de aceleración.
Finalmente, como vos gustaría que identificasen a Statera Labs no mercado?
Nós traballamos con ilusión para que nos vexan como a empresa que achega solucións alimentarias innovadoras para reforzar a saúde e benestar dos consumidores.