O proxecto Enzicas crea novos aditivos alimentarios a través da fermentación, poñendo o foco na produción de enzimas que actúan como biocatalizadores e reducen os tempos de maduración e curación en cárnicos e lácteos. Empregan microorganismos e, coma substrato, cultivos tradicionais, especialmente na castaña. Ao empregar a castaña, apóianse en sistemas sostibles e fortalecen a soberanía alimentaria, dando forma a un futuro máis saboroso e sostible para todos.