A plataforma AONIR pretende conseguir unha produción de alimentos máis eficiente e sustentable. Consta de dous compoñentes principais: sensores ópticos baseados en espectroscopia de infravermello cercano (NIRS) e unha plataforma IoT. Os sensores AONIR serán capaces de proporcionar online e en tempo real os parámetros máis característicos dos produtos alimentarios e os enviarán a un PLC para a toma de decisións en tempo real e/ou a unha plataforma IoT para o almacenamento, visualización e xeración de alarmas e informes relacionados coa calidade dos produtos alimentarios.