Webinar InfoDay VIII edición

INFODAY EN LIÑA DA CONVOCATORIA PARA A VIII EDICIÓN DA BFFOOD  

A Business Factory Food (BFFood)  é o programa de referencia en Galicia para a incubación, aceleración e consolidación de proxectos emprendedores innovadores no sector alimentario. A aceleradora, promovida pola  Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XesGalicia), está coordinada polo Cluster  Alimentario de Galicia (Clusaga) e conta co apoio de empresas líderes no sector. 

Obxectivo do INFODAY en liña

O obxectivo deste webinar, que terá lugar o 10 de febreiro de 2026 ás 13:00h, é dar a coñecer as novidades da aceleradora BFFood, así como os detalles da nova convocatoria, e os recursos que BFFood pon ao servizo dos proxectos participantes. Así mesmo, os participantes poderán expor todas as súas dúbidas con respecto ao programa e á convocatoria.  

Convocatoria para VIII Edición 

Co obxectivo de fomentar a innovación e o emprendemento en ámbito agroalimentario, BFFood axudará a converter proxectos prometedores e con potencial en negocios viables e escalables a través da súa VIII Edición. Desde o 2 de febreiro, os emprendedores interesados poden acceder ao formulario de inscrición dispoñible na páxina web da BFFood e presentar a súa candidatura para formar parte desta iniciativa que conecta talento, industria e recursos estratéxicos para o crecemento do ecosistema alimentario.   

Os proxectos que opten á fase de incubación poderán presentarse ata o 11 de marzo, mentres que os proxectos que opten á fase de consolidación poderán facelo ata o 10 de xuño. 

Inscricións Programa

Detalles da programación de eventos

  • 10 Febreiro 2026
Compartir
Engadir ao Calendario