Presentación da 2º edición de BFFood na UDC, edificio CICA

O xoves 31 de outubro ás 11.30 horas no salón de actos do edificio CICA terá lugar unha charla informativa sobre as novidades da segunda edición de Business Factory Food. Jaime Rodríguez, director do CICA, J. Andrés Faíña, catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea, e Manuel Bustabad, technological transfer and R&D do CITIC, encargaranse de inaugurar a xornada.

Posteriormente, J. Andrés Faíña Medín, catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea, e Antonio García Lorenzo, catedrático E.U. de Fundamentos da Análise Económica e profesor Jean Monnet, abordarán a innovation readiness.

Tras unha breve intervención dos proxectos seleccionados na primeira edición de BFFood, participarán neste acto de presentación Juan Carlos Galán, business developmente manager do ITG (entidade que forma parte do comité técnico de BFFood), Rosana Domínguez, directora de marketing de Quescrem e mentora de Business Factory Food, Antonio Cuevas, responsable de aprovisionamiento de Calvo (empresa tractora), Higinio Mougán, director xerente de AGACA (entidade que forma parte do comité técnico de BFFood), e Javier A. Osuna, responsable da aceleradora.

Finalmente, Juan Feijoo, advisor da área de competitividade do IGAPE, encargarase de clausurar a xornada.

Programa

Detalles da programación de eventos

  • 31 Outubro 2019
Evento caducado
Compartir
Engadir ao Calendario