Presenta o teu proxecto á V Edición de BFFood ata o 20 de decembro

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), abre o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa V Edición. O proceso de aceptación de solicitudes pechará o 20 de decembro ás 14.00 horas.

Das propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais coma internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria galega. En concreto, escolleranse ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración.

Dúas modalidades

As startups, entidades e empresas que teñan unha idea innovadora aliñada con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través da aceleradora, poden presentar a súa candidatura a unha das dúas modalidades de BFFood.

A modalidade de aceleración consiste nun programa de apoio integral e enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo un produto ou servizo mínimo viable e esbozando un modelo de negocio. A modalidade de consolidación é un programa de apoio integral e enfocado a empresas xa constituídas, cun produto ou servizo definido e aliñado cos retos plantexados por BFFood.

Para ambas modalidades, especializadas no sector alimentario, BFFood ofrece programas de coaching, formación especializada, acceso a infraestructuras científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiación directa e acceso a inversión, así como a unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario.

Mentoring e apoio económico

Os proxectos da V Edición de BFFood disporán do apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, os proxectos do programa de aceleración poderán acceder a unha axuda de 25.000€ por parte de Gain, así como optar a un préstamo participativo de ata un máximo de 50.000€ a través de XesGalicia. Os proxectos do programa de consolidación poderán optar a un préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000€ por parte de XesGalicia.

Cada proxecto seleccionado contará coa mentoría específica dunha ou máis das 22 empresas tractoras de BFFood. Estas ocuparanse de conducir a súa evolución e guialos no seu desenvolvemento, facilitando o aliñamento da proposta de valor coa resolución do reto.

Presenta a túa proposta de proxecto

Detalles da programación de eventos

  • 20 Decembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario