Infoday sobre a III edición de BFFood

martes 20 de outubro Business Factory Food, aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria, presentará na sesión online “Emprendemento innoavdor no sector agroalimentario: retos e instrumentos de apoio” todas as chaves da convocatoria da súa terceira edición.

A xornada contará coa participación de Roberto García, director de innovación agroalimentaria de Cajamar, Gabriel Guijarro, director de investimento crediticio de Caixa Rural, e Pedro Sotoca, responsable de dirección de operacións de Enisa, para abordar as tendencias e desafíos no ámbito da innovación alimentaria, así como os diversos instrumentos de apoio que existen para o emprendimiento neste sector.

Pola súa banda, Javier Osuna, responsable de BFFood, presentará as novidades da III edición de BFFood que abrirá a súa convocatoria tanto do programa de aceleración como de consolidación ese mesmo día. Mentres que Carlos Vaamonde, técnico del área de servizos da Axencia Galega de Innovación (Gain), e Yolanda Falcón, directora xestión participadas de XesGalicia, explicará os instrumentos de apoio que esta nova edición ofrecerá aos proxectos seleccionados.

As inscricións a este webinar, que comezará a partir das 9.30 horas, poden realizarse a través da ligazón que aparece facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

INSCRIBIRSE

Detalles da programación de eventos

  • 20 Outubro 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario