Infoday online. V Edición de BFFood

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego promovida pola Xunta de Galicia a través de Gain, Igape e Xesgalicia e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza un infoday online para dar a coñecer as características da súa V Edición.

Sumando as súas catro edicións anteriores, a BFFood ten apoiado 47 proxectos de emprendemento, e nesta V Edición ten previsto impulsar ata 10 proxectos en fase de aceleración e ata 6 en fase de consolidación. O prazo para presentar propostas de proxectos para optar a formar parte desta aceleradora finaliza o próximo 20 de decembro ás 14.00 horas.

A aceleradora do sector alimentario de Galicia

BFFood apoia proxectos de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria galega, e faino a través de dous programas específicos deseñados en función do seu grao de desenvolvemento: un programa de aceleración para os proxectos en fase semente e un programa de consolidación para proxectos máis avanzados. Ambos inclúen actividades de mentorización, formación, coaching, networking e acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos.

Cada proxecto selecionado para formar parte desta V Edición contará con un ou máis mentores de empresas líderes do sector alimentario para guiar e facilitar o seu desenvolvemento, así como con acceso a financiamento específico en forma de subvencións a fondo perdido e préstamos participativos.

Todas estas cuestións e outros aspectos serán abordados durante este infoday, que terá lugar o vindeiro 14 de decembro, en horario de 9.00 a 9.45 horas. Para máis información pode consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 981 55 60 62 ou no correo bff@clusaga.org

Inscrición
programa

Detalles da programación de eventos

  • 14 Decembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario