Demo Day IV e Info Day VI. Xornada de emprendemento no sector alimentario

Business Factory Food (BFFood), a través do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), organiza un evento para recapitular os logros acadados polos proxectos da IV Edición, afondar nas oportunidades que supón ser parte da VI Edición, facer networking e abordar desde distintas perspectivas a innovación, o emprendemento e os retos do sector alimentario. Este Demo Day IV e Info Day VI terá lugar o vindeiro 10 de outubro, ás 9.30 horas, no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela).

Programa

Tras a benvida oficial, introducirase a xornada abordando as oportunidades que plantexa a nova lei de startups. A continuación, darase paso ao bloque do Demo Day, no que os 13 proxectos da IV Edición de BFFood presentarán as súas solucións aos retos do sector alimentario galego tras o seu paso pola aceleradora.

Tras a pausa, será a quenda do Info Day da VI Edición de BFFood, no que se abordará a convocatoria para optar a formar parte da nova edición da aceleradora, cuxo prazo de presentación de proxectos permanecerá aberto dende o vindeiro 2 de outubro e ata o 15 de novembro, ás 14.00 horas.

A presentación da VI Edición rematará cunha rolda de intervencións sobre fondos de inversión e apoio a emprendedores, seguida dunha mesa redonda sobre a experiencia e interese dos programas de emprendemento para a industria alimentaria, na que intervirán representantes de empresas tractoras da aceleradora.

Participación e inscrición

Para asistir a este evento requírese inscrición previa a través do formulario que aparece a continuación, que permanecerá aberto ata o 9 de outubro ás 16.00 horas. Para máis información pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga a través do correo bff@clusaga.org.

Inscrición
Programa

Detalles da programación de eventos

  • 10 Outubro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario