A convocatoria dos Startup Innovation Awards del World Food Forum busca identificar, elevar e acelerar o crecemento das startups con maior potencial de impacto positivo na transformación dos sistemas agroalimentarios, aliñadas cunha das seguintes categorías:
Neste contexto, o proxecto HIGHFIVE e a partnership Smart Sensors 4 AgriFood (SS4AF), de cuxos consorcios forma parte o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), patrocinan o galardón da Innovación dixital, en liña co seu obxectivo de impulsar o desarrollo das empresas emerxentes neste ámbito e de fortalecer o emprendemento. Neste sentido, Clusaga lidera o consorcio do proxecto europeo Food-scalEUp que, co obxectivo de seguir impulsando a aceleración dos ecosistemas innovadores europeos, tamén dá respaldo a estes premios.
Desde a Business Factory Food (BFFood) animamos aos proxectos que forman ou formaron parte da aceleradora a optar a estes galardóns. En concreto, buscamos a aquelas que poidan ofrecer solucións tecnolóxicas innovadoras dixitais e/ou baseadas en datos para desafíos concretos na industria do procesado de alimentos.
Os finalistas e gañadores poderán optar a obter apoio para acelerar a innovación, acceso á rede de SS4F e mentoría por parte dos socios, cobertura de gastos de viaxe e aloxamento para participar na final do WFF en Roma, do 14 ao 18 de outubro de 2024, acceso a unha rede global de emprendemento, contando con organizacións dos sectores público e privado (incluída a FAO, a ONUDI e a Rede das Nacións Unidas), ou branding e promoción a través de SS4AF de dos seus socios, entre outros.
Para presentarse é preciso rexistrarte na ligazón que aparece a continuación antes do 8 de xuño, cunha presentación e un vídeo de 2 minutos explicando a proposta coa que se concorre aos premios.