Convocatoria. Presenta a túa proposta de proxecto á VI Edición de BFFood

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), abre o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa VI Edición. O período para optar a este programa de emprendemento abrangue do 2 de outubro ao 17 de novembro ás 14.00 horas.

Das propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse 16 proxectos innovadores, tanto nacionais coma internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria galega. En concreto, escolleranse ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración e ata seis para o de consolidación.

Dúas modalidades

As startups, entidades e empresas que teñan unha idea innovadora aliñada con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través da aceleradora, poden presentar a súa candidatura a unha das dúas modalidades de BFFood.

  • Aceleración: programa de 9 meses de duración que presta apoio integral e enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo un produto ou servizo mínimo viable e esbozando un modelo de negocio, e non teñan máis de cinco anos de antigüidade.
  • Consolidación: programa de 12 meses de duración que presta apoio integral e enfocado a empresas xa constituídas, cun produto ou servizo definido, e teñan un máximo de sete anos de antigüidade.

Ambas modalidades ofrecen coaching, formación especializada, acceso a infraestructuras científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiación directa e acceso a inversión, así como a unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario.

Mentoring e apoio económico

Os proxectos seleccionados na sexta edición de BFFood disporán do apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, os do programa de aceleración poderán acceder a unha axuda de 25.000€ por parte de Gain, así como optar a un préstamo participativo de ata un máximo de 50.000€ a través de XesGalicia. Pola súa banda, os do programa de consolidación poderán optar a un préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000€ por parte de XesGalicia.

Cada proxecto seleccionado contará coa mentoría específica dunha ou máis das 22 empresas tractoras de BFFood. Estas ocuparanse de conducir a súa evolución e guialos no seu desenvolvemento, facilitando o aliñamento da proposta de valor coa resolución do reto.

Presenta a túa proposta de proxecto Bases VI Edición Retos VI Edición

Detalles da programación de eventos

  • 17 Novembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario