Catro proxectos de BFFood participan na LaconNetwork 2022

Catro dos proxectos que formaron parte das edicións II e III da Business Factory Food (BFFood) participan este venres 1 de abril na XI Edición do Galicia Startup Congress da LaconNetwork, que desde 2009 supón o punto de encontro de referencia para as TIC en Galicia e o maior foro de inversión en startups do noroeste peninsular. Durante o encontro tamén levarase a cabo a presentación da aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia.

En concreto Himikode, Insectos Galicia, ODS Protein e Tastelab son os proxectos que conformarán a área de Vertical AGRO & FOOD do DemoDay do Startup Congress Galicia 2022, que se celebra os días 31 de marzo e 1 de abril no Edificio Consorcio Zona Franca de Vigo, e que poderá seguirse tamén de forma online.

IV Edición de BFFood

Tras o éxito das súas tres primeiras edicións, a convocatoria de presentación de proxectos para formar parte da IV Edición de BFFood está aberta ata o 30 de abril a través do formulario da web.

A selección valorará todos aqueles proxectos que cumpran os termos e condicións fixados nas bases da convocatoria e escollerá a un máximo de 6 proxectos para cada categoría (aceleración e consolidación).

Demo Day 2022 da LaconNetwork

Desde o Startup Congress Galicia convócase ás aceleradoras que operan na comunidade para que seleccionen algúns dos seus proxectos para participar nas roldas de pitches con presencia da maior concentración de capital de inversión de Galicia.

A LaconNetwork aglutina o amplo tecido que son as TIC no territorio galego e abre un mundo de posibilidades en canto a proxectos, inversións e networking.

Máis información

Detalles da programación de eventos

  • 1 Abril 2022
Compartir
Engadir ao Calendario