Webinar InfoDay IX edición
Descrición do evento
INFODAY EN LIÑA DA CONVOCATORIA PARA A IX EDICIÓN DA BFFOOD
A Business Factory Food (BFFood) é o programa de referencia en Galicia para a incubación, aceleración e consolidación de proxectos emprendedores innovadores no sector alimentario. A aceleradora, promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XesGalicia), está coordinada polo Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) e conta co apoio de empresas líderes no sector.
Obxectivo do INFODAY en liña
O obxectivo deste webinar, que terá lugar o 11 de setembro de 2026 ás 13:00h, é dar a coñecer as novidades da aceleradora BFFood, así como os detalles da nova convocatoria, e os recursos que BFFood pon ao servizo dos proxectos participantes. Así mesmo, os participantes poderán expor todas as súas dúbidas con respecto ao programa e á convocatoria.
Convocatoria para IX Edición
Co obxectivo de fomentar a innovación e o emprendemento en ámbito agroalimentario, BFFood axudará a converter proxectos prometedores e con potencial en negocios viables e escalables a través da súa VIII Edición. Desde o 4 de agosto, os emprendedores interesados poden acceder ao formulario de inscrición dispoñible na páxina web da BFFood e presentar a súa candidatura para formar parte desta iniciativa que conecta talento, industria e recursos estratéxicos para o crecemento do ecosistema alimentario.
Os proxectos que opten á fase de incubación poderán presentarse ata o 7 de outubro, mentres que os proxectos que opten á fase de consolidación poderán facelo ata o 17 de novembro.Los proyectos que opten a la fase de incubación podrán presentarse hasta el 7 de octubre, mientras que los proyectos que opten a la fase de consolidación podrán hacerlo hasta el 17 de noviembre.
Comparte este evento

