Á Área de Infraestruturas de Investigación da USC reune os recursos e servizos xerais de apoio á investigación que se ofertan dende a universidade á comunidade investigadora, empresas e particulares. Actualmente conta coas seguintes unidades científico-técnicas: Análise Instrumental, Animalario Experimental, Espectrometría de Masas e Proteómica, Espectroscopía IR-Raman, Magnetosusceptibilidade, Microscopía Electrónica e Confocal, Raios X, Resonancia Magética, Soprado de Vidro, Arqueometría e Caracterización de Materiais.
Ensayos de ecotoxicidad
Ensaio OECD 207. Ensaio de toxicidade aguda en lombriga de terra.
Ensaio OECD 208. Ensaio de emerxencia e crecemento de sementes en plantas terrestres.
Ensaio de toxicidade aguda con sementes de Lactuca sativa L.
Ensaios de proteómica, PMF por MALDI-TOF
Identificación de proteínas por espectrometría de masas mediante pegada dactilar peptídica (PMF: Peptide Mass Fingerprinting) usando o espectrómetro de masas Maldi-TOF/TOF (Ultraflex III TOF/TOF de Bruker)
Ensaios de proteómica, Fragmentación MSMS por MALDI-TOF
Identificación de proteínas mediante os espectros de fragmentación dalgunhas das masas dos péptidos obtidos, usando o espectrómetro de masas Ultraflex III TOF/TOF (Bruker) e a súa correlación coas bases de datos existentes.
Ensaios de proteómica, nLC-TIMS-QTOF
Identificación dunha mestura de proteínas por espectrometría de masas mediante análise nLC- MSMS no equipo timsPro (Bruker), posteriormente á súa dixestión tríptica e realizando unha separación previa por cromatografía en fase reversa.
Ensaios de proteómica, cuantificación Label-free
Determinación da cantidade relativa de proteínas en varias mostras, sen marcaxe química. Cada mostra é dixerida cunha encima e analizada cada unha delas por nLC- MSMS.
Ensaios de proteómica, dixestión de proteínas
Dixestión en xel e dixestión en disolución principlamente con tripsina
Calorimetría de Valoración Isotérmica ITC
Medición de constantes de unión, entalpías, afinidade, etcétera.
Termogravimetría TGA-DSC
Medición de fluxos de calor asociados a cambios de estado
RMN en sólidos e semisólidos
Analisis de parámetros químicos en produtos de alimentación, obtención de perfís metabólicos, analisis de ácidos grasos, etcétera
Microscopia Confocal in vivo
Caracterización e estudo en sistemas in vivo con microscopio confocal
Microscopía electrónica de transmisión
Preparación e estudo de mostras con microscopio electrónico de transmisión
Tomografía e microtomografía axial computerizada
Realización de estudos de microtomografía e tomografía con animais vivos e mortos
Espectrómetros ICP, calorímetros, analizador elemental, dixestión por microondas, cromatógrafo iónico, analizadores para gases contaminantes, espectrómetro de masas, HPLC, UHPLC, cromatógrafo de gases, espectrómetro de IR, microscopio Raman confocal, magnetometro, microscopio electronico de transmisión, TEM, microscopio electrónico de varrido SEM, microscopio de fluorescencia, microscopio óptico, microscopio confocal, pulidor iónico, microtomo, ultramicrotomo, difractometro de raios X, SAXS, WAXS, difracción de polvo cristalino, resonancia magnética nuclear, resonancia magnética de spin, reparación de vidrio científico, fabricación de dispositivos de vidrio, microtomografía, análisis elemental, fluorescencia de rayos X, escaner 3D, caracterización de minerais, microscopio petrográfico, datación geológica.
Ed. CACTUS, Campus Vida, Santiago de Compostela // Ed. CACTUS, Campus Terra, Lugo
Teléfono: 881816278
Web: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/infraestruturas-investigacion
Email: riaidt.coordinacion@usc.gal
Contacto: Coordinación e Mellora Técnica