A Business Factory Food (BFFood), programa de referencia en Galicia para a incubación, aceleración e consolidación de proxectos innovadores no sector alimentario, lanza a súa VIII Edición con un InfoDay que terá lugar o 20 de febreiro ás 11 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Este evento está deseñado para que emprendedores, startups, empresas líderes, axentes de coñecemento e institucións coñezan de primeira man os detalles da nova convocatoria, os programas dispoñibles e os recursos que BFFood pon ao servizo dos proxectos participantes.
Programa do InfoDay: Transformación e Innovación no Sector Alimentario
A xornada comezará ás 10:45 horas co rexistro de asistentes, recepción e acreditación dos participantes. Ás 11:00 horas terá lugar a apertura da xornada, cunha benvida institucional e a contextualización da BFFood como programa tractor do emprendemento, a innovación e a colaboración no sector alimentario galego.
A continuación, ás 11:15 horas, realizarase a presentación oficial da convocatoria da VIII Edición da BFFood, na que se darán a coñecer os obxectivos desta nova edición, as condicións de participación, os servizos de apoio que ofrece o programa e as posibilidades de colaboración dentro do ecosistema.
Ás 11:40 horas, terá lugar o relatorio “O estado do agrifoodtech en España”, que ofrecerá unha visión global do ecosistema agrifoodtech a nivel estatal, abordando as principais tendencias, retos crave, evolución do investimento e oportunidades de conexión entre start-ups, industria e mercado, a partir da experiencia de Eatable Adventures.
O programa continuará ás 12:10 horas co panel “Os retos da BFFood e da industria alimentaria”, un espazo de reflexión e diálogo aberto ao redor dos desafíos actuais da innovación no sector, as necesidades reais do mercado, a colaboración entre os distintos axentes do ecosistema e os factores clave para impulsar proxectos con impacto.
Ás 12:50 horas, celebrarase o panel “Da idea ao mercado. Casos de éxito de start-ups da BFFood”, centrado na evolución de proxectos emprendedores desde a súa fase inicial ata a súa chegada ao mercado, compartindo experiencias, aprendizaxes e retos de crecemento dentro do marco do programa.
Peche institucional e espazo para networking
A xornada concluirá ás 13:30 horas coa clausura institucional, e continuará ás 13:35 horas cun xantar networking unha oportunidade ideal para conectar con outros profesionais, compartir experiencias e explorar novas colaboracións.