O próximo martes 12 de decembro celebrarase o PitchDay da VI Edición da Business Factory Food (BFFood), o evento público no que os proxectos de emprendemento finalistas para optar a formar parte da VI Edición da aceleradora presentan a súa idea ante o Comité Técnico de BFFood, as empresas mentoras outros actores do sector alimentario galego.
Esta xornada terá lugar no salón de actos del Edificio FEUGA (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Campus Vida) en horario de 9.30 a 13.00 horas.
Tras ter recibido máis de 45 propostas, este evento servirá para coñecer en profundidade os 20 proxectos que resultaran finalistas e que poderán optar a unha das 16 prazas dispoñibles nos programas de aceleración (10) e consolidación (6) desta VI Edición de BFFOOD.
Unha vez feitas as presentacións, o Comité de Selección procederá á deliberación. O resultado será comunicado aos beneficiarios deste programa de aceleración empresarial o día 15 de decembro, e o listado oficial de propostas seleccionadas colgarase na páxina web de BFFood nesa mesma data.