Salmoira recupera o sabor da identidade gastronómica de Galicia: o da salazón de mariscos e pescados das rías. Investiga o resultado de salar, afumar e escabechar diferentes especies, con métodos de conservación altamente sostibles e gastronómicamente innovadores. No seu proceso de I+D ten dúas liñas máis de traballo: a valorización gastronómica dos descartes e as mermas da industria.