Proxecto procedente de Barcelona que comercializa cócteis esferificados envoltos en xelatina, cun 19% de alcol. A combinación única da xelatina e esferificación líquida permite reproducir, dun bocado, as mesmas sensacións organolépticas que un cóctel tradicional, trasladando a experiencia dunha coctelería a casa. Actualmente dispoñen de tenda física en Barcelona e venden os seus produtos vía Glovo e a través da súa ecommerce a toda a península.