Verme Ditoso, a través do seu proxecto Biocrops, dedícase ao desenvolvemento e comercialización de abonos orgánicos procedentes do aproveitamento dun subproduto da cría da larva de Tenebrio Molitor ou “verme da fariña”, co obxectivo de mitigar o impacto do abuso dos agroquímicos na actividade agrícola. Debido ás súas propiedades fitofortificantes e ao tratarse dun produto seco e estable, de olor neutro, é ideal para plantacións no interior e na contorna das cidades. Actualmente, o produto comercialízase en puntos de venda físicos e online.