A sexta edición de Maker Faire Galicia desenvolverase do 18 ao 22 de novembro de maneira online, a través dunha plataforma que integrará ao museo gaiás de forma virtual para que os participantes poidan contemplar as casetas dos proxectos e facerlles en directo preguntas.
O evento contará con charlas e mesas redondas sobre o sector da industria e a educación, así como con talleres, sesións interactivas e o hackathon de videoxogos Game Maker Jam.
O responsable de BFFood, Javier A. Osuna, participará o mércores 18 de novembro ás 10.45 horas na charla “Acelerando o ecosistema maker” xunto a Jorge Gómara, responsable de Business Factory Auto (BFA), Rodolfo Ojea, responsable de Business Factory Aero (BFAero), e Fany Suárez, responsable de programas da área de competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Nesta mesa redonda analizarán, entre outras cousas, as oportunidades que as aceleradoras ofrecen aos makers e o potencial que eles poden achegar ao tecido empresarial galego.
En edicións anteriores a Maker Faire Galicia reuniu a 50.000 persoas en Santiago de Compostela, converténdoa na concentración de creación, innovación e enxeño máis grande da península.
Os interesados en inscribirse ao evento podes facelo a través da súa páxina web no botón “inscribirse” que aparece a continuación.
INSCRIBIRSE