Business Factory Food (BFFood) organiza en colaboración co Banco Sabadell o 9 de xuño de 9:30 a 10:30 horas o webinar “Mecanismos financeiros de apoio ao emprendimiento”.
A sesión online enmárcase dentro do acordo de colaboración que BFFood mantén co programa BStartup do Banco Sabadell e ten como obxectivo informar os emprendedores dos diferentes mecanismos e produtos financeiros que teñen á súa disposición para impulsar a súa idea.
Na xornada participarán Javier A. Osuna, responsable de BFFood, Rubén Aguión, director xeral de XesGalicia, José Ramón Martín, advisor do programa BStartup do Banco Sabadell, e Roberto Alonso, xerente do Clúster Alimentario de Galicia.
Os proxectos participantes no tres edicións de BFFood, así como calquera outro emprendedor interesado en participar na xornada, pódense inscribir a través formulario que aparece facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.