Business Factory Food (BFFood) organiza en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia e o proxecto Sensesbit by TasteLAB o webinar “Anticiparse aos gustos do consumidor aplicando tecnoloxía sensorial” o xoves 18 de marzo ás 9.30 horas.
Na sesión Anxos Romeu, catedrática de tecnoloxía dos alimentos da Universidade de Santiago de Compostela, abordará as solucións que a análise sensorial ofrece á industria de alimentos e bebidas. Pola súa banda, Maruxa Quiroga, CEO de TasteLAB explicará o software de análise sensorial que desenvolveron: Sensesbit.
Este proxecto participa na segunda edición do programa de consolidación de BFFood, onde conta coa mentoría da empresa tractoras Nueva Pescanova. Por iso, no webinar Laura Rodríguez, experta en nutrición e I+D en Nova Pescanova, abordará un caso de éxito da aplicación deste software na compañía.
A sesión será presentada e moderada polo responsable da aceleradora, Javier A. Osuna.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben rexistrarse no formulario que aparece facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.