A Universidade da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia organizan un evento de presentación da BFFood na cidade da Coruña. Na cita participará unha das empresas tractoras da aceleradora, Grupo Calvo, con José Miguel Rivero Martin, que expoñerá a implicación empresarial co proxecto. Tamén contará coa participación dos nosos anfitrións, Universidade da Coruña e Instituto Tecnolóxico de Galicia, así como o IGAPE e a propia BFFood para presentar a primeira convocatoria da aceleradora.
O evento terá lugar o vindeiro día 30 de Abril a las 12:30 no Salón de Actos do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) na cidade de A Coruña.