Presentación na Universidade de Santiago de Compostela

BFFood presenta na Universidade de Santiago de Compostela a primeira convocatoria da aceleradora. O acto, que terá lugar ás 11.45 horas no Centro de Investigacións Biolóxicas (edificio CIBUS), contará coa participación de Xaquín Antón Vázquez, director de Proxectos de I+D+i en Clavo Food Factory; Juan Feijoo Casanova, técnico de servizos xerais da área de Competitividade do Igape; e Javier Osuna, responsable de BFFood.

Durante a presentación, que contará ademais coa participación de José Luis Villaverde Acuña, director da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, presentarase as principais claves desta primeira convocatoria, aberta ata o próximo 16 de maio para novas empresas e emprendedores que acheguen solucións innovadoras ao sector alimentario galego.

Detalles da programación de eventos

  • 8 Abril 2019
Evento caducado
Compartir
Engadir ao Calendario