O próximo 19 de septembro celebrarase o PitchDay da VII Edición da Business Factory Food (BFFood), o evento público no que os proxectos de emprendemento finalistas presentan a súa proposta ante o Comité Técnico de BFFood, as empresas mentoras e outros axentes do ecosistema alimentario galego.
A xornada desenvolverase no salón de actos da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), situada na Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n (Campus Vida, Santiago de Compostela), en horario de 9:30 a 13:00 horas.
Nesta edición, presentaranse:
Unha vez finalizadas as presentacións, o Comité de Selección procederá á súa deliberación. O resultado será comunicado aos proxectos seleccionados nos días seguintes ao evento, e o listado oficial publicarase na web de BFFood.