I Foro de Emprendemento do Noroeste

A sociedade de capital riesgo que financia empresas orixinadas na universidade, UNIRISCO, e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración con Banco Sabadell, Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), organizan o vindeiro 10 de febreiro, de 09.00 a 14.15 horas e de 16.30 a 18.45 horas, o I Foro de Emprendemento do Noroeste. Máis de 60 expertos reuniranse para analizar a importancia da colaboración para convertirse en axentes do cambio e a innovación.

A apertura será a cargo de Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD; Inmaculada Rodríguez, directora de UNIRISCO; e Pablo Junceda, director xeral adxunto de BANCO SABADELL. A sesión da mañá estará dedicada a unha visión desde a empresa e a universidade, coa participación dos reitores das universidades de A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, León e Oviedo. Intervirán tamén o director xeral do IGAPE, Fernando Guldrís; e a directora xeral do IDEPA, Eva Pando, e participarán representantes de organizacións como Grupo Nueva Pescanova, Navantia, Kaleido Ideas & Logistics e Quescrem, entre outras.

A sesión da tarde contará coa apertura de Patricia Argerey, directora xeral da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Ao ongo da mesma, terán lugar diferentes mesas redondas, cuxas temáticas xirarán en torno á saúde, a dixitalización, o agrofood e as telecomunicacións, con experiencias de diferentes spin-off das universidades do noroeste.

Ao encuentro poderase asistir de xeito presencial, na Facultade de Medicina da USC, ou en remoto.

Inscrición
Programa

Detalles da programación de eventos

  • 10 Febreiro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario