oSIGris, Essence Food, Monkey Markets, AlphaCloud e Muutech presentarán como evolucionou o seu proxecto durante o seu paso polo programa de aceleración de Business Factory Food o 24 de setembro ás 9.15 horas no demo session online enmarcada dentro do programa do Foro e Premios Galicia Alimentación 2020, que organiza o Clúster Alimentario de Galicia.
A estes proxectos sumaranse tamén Health in Foods e TasteLab, dúas iniciativas que se atopan aínda nos programas da aceleradora co obxectivo de impulsar e consolidar a súa idea no sector alimentario.
Neste demo session cada participante explicará tamén a súa experiencia no programa de BFFood e como a aceleradora supuxo un cambio para consolidar o seu proxecto no mercado.