Demo day II edición BFFood

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria, organiza o 29 de xaneiro a partir das 10 horas o demo day da segunda edición do seu programa de aceleración e consolidación.

Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, será o encargado de dar a benvida a todos os participantes a esta sesión online, xunto a Juanjo De la Cerda, presidente de Clusaga. Posteriormente, as 14 startups que formaron parte desta segunda edición presentarán o seu proxecto e o progreso logrado durante o seu paso por BFFood. Tras o elevator pitch de cada un deles, abrirase unha quenda de preguntas no que os asistentes poderán participar e interactuar.

Ademais, as persoas que se inscriban ao demo day recibirán acceso a unha feira de expositores online, xestionada a través dunha aplicación, na que poderán facer networking e planificar unha axenda individual.

No demo day intervirán, tamén, Javier A. Osuna, responsable de BFFood, e Roberto Alonso, xerente de Clusaga. Do mesmo xeito, contará coa participación de investidores e actores do sector tecnolóxico, alimentario e do emprendimiento.

As persoas interesadas en asistir ao demo day poden inscribirse, a través do formulario, que aparece a continuación.

INSCRIBIRSE COÑECER PROXECTOS II EDICIÓN BFFOOD

Detalles da programación de eventos

  • 29 Xaneiro 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario