Os promotores de 18 proxectos preseleccionados por Business Factory Food (BFFood) para a súa segunda edición do programa de aceleración terán a oportunidade de expoñer a súa idea ao comité de selección, antes do pitch day, o vindeiro martes, 14 de xaneiro.
Esta primeira fase de entrevistas terá lugar no edificio FEUGA (Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Santiago de Compostela) e dará comezo ás 9.15 horas. De carácter privado, a ela só poderán acudir os integrantes de cada un dos proxectos seleccionados.
Na seguinte ligazón figura o horario detallado das entrevistas para cada un dos 18 proxectos preseleccionados, así como o procedemento destas.
Tras esta fase de entrevistas, terá lugar o martes, 28 de xaneiro, no salón de actos de FEUGA o pitch day no que se darán a coñecer os 10 proxectos que formarán parte da segunda edición do programa de aceleración de BFFood.