A Universidade de Vigo e BFFood presentarán os detalles da aceleradora e da convocatoria recentemente aberta, a presentación realizarase dentro dos Encontros de Universidade Empresa o próximo 5 de abril ás 13:00 horas. Por parte de BFFood, o acto contará coas intervencións de Juan Vázquez, Presidente do Clúster Alimentario de Galicia e Director Xeral de Bodegas Martín Códax, Juan Feijoo, da Áea de Competitividade de IGAPE e de Javier A. Osuna, Xerente de BFFood.