A aceleradora do sector alimentario de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria, presentará o vindeiro venres, 18 de outubro, ás 10.15 horas no salón de actos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, as claves da súa segunda convocatoria.
Ese mesmo día abrirase o período de inscrición para todas aquelas iniciativas que queiran presentar a súa candidatura ao programa de consolidación. Serán Roberto Alonso, xerente de Clusaga, e Javier A. Osuna, responsable de BFFood, quen explique as novidades desta segunda convocatoria.
O acto de presentación contará con dúas mesas redondas. Na primeira delas, Maruxa García, CEO e cofundadora de Tastelab, Sonia Martínez, cofundadora e CEO de Sigillum Knowledge Solutions, e Juan José Verdes, socio fundador e xerente de i-Grape, analizarán os modelos de negocio baseados na innovación no sector agroalimentario. Mentres que Mónica Cascallar, chief innovation officer de Congalsa, Rubén Hidalgo, director de ecosistemas de innovación de CAPSA FOOD, e Alejandro Álvarez, director financiero de Cafés Candelas, abordarán os retos da industria da alimentación.
Pola súa banda, Fernando Guldrís, director de Xesgalicia, Norberto Penedo, director da área de competitividade de IGAPE e Pedro Arenas, directora área de servizos de GAIN, explicarán os instrumentos de apoio por parte da administración pública a esta segunda edición de BFFood.