O acto terá lugar no salón de actos do Centro de ANFACO-CECOPESCA na cidade de Vigo (Estrada Colexio universitario 16, Campus de Lagoas- Marcosende, Vigo) ás 12:00 h do vindeiro mércores 8 de maio. Durante a xornada presentaranse as características dos programas de BFFood e os detalles da convocatoria aberta ata o próximo 16 de maio.