Pitch Day V Edición BFFood

O vindeiro venres 10 de febreiro celebrarase o Pitch Day da V Edición da Business Factory Food (BFFood), o evento público no que os proxectos de emprendemento finalistas para optar a formar parte da V Edición da aceleradora presentan a súa idea ante o Comité Técnico da aceleradora, as empresas mentoras e outros representantes do sector alimentario galego.

Esta xornada terá lugar no salón de actos do Edificio FEUGA (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Campus Vida) en horario de 9.30 a 13.00 horas

Tras ter recibido máis de 33 propostas, este evento servirá para coñecer en profundidade os 21 proxectos de emprendemento que teñan resultado finalistas e que poderán optar a unha das 16 prazas dispoñibles nos programas de aceleración (10) e consolidación (6) desta V Edición de BFFOOD.

Tras as presentacións, o Comité de Selección procederá á deliberación. O resultado será comunicado aos beneficiarios deste programa de aceleración empresarial o día 15 de febreiro, e o listado oficial de propostas seleccionadas colgarase na páxina web de BFFood.

Inscrición
Programa

Detalles da programación de eventos

  • 10 Febreiro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario