Provide é unha nova liña de ProPlantae que xorde co obxectivo de ofrecer un servizo de diagnose e asesoramento especializado na área da viticultura. ProPlantae ofrece solucións sostibles para o control das enfermidades da vide. É a primeira empresa en Galicia que pode illar e comercializar cepas de microorganismos beneficiosos do xénero Trichoderma a partir de mostras de vide para mellorar a saúde das plantas de forma natural.