Proxecto acelerado na III Edición que produce micoproteína de alto valor nutricional e de forma sustentable, cunha formulación e textura idóneas para ser incorporada coma ingrediente a diversos produtos da industria alimentaria. O proceso de obtención básase na fermentación de precisión, revalorizando subprodutos da industria coma fonte de materias primas, reducindo o uso de recursos naturais e conseguindo así unha maior rendibilidade e control no proceso.