Nos transportes de mercadorías perecedoiras ou de alto valor, a información veraz e detallada é a clave para un bo servizo. A solución desenvolvida por MOBITEC informa o usuario en tempo real do lugar no que se atopa a mercadoría e do seu estado. E non só a súa posición, senón ademais temperatura, humidade relativa e luminosidade, ou posibles movementos da carga, converténdose nunha ferramenta imprescindible para a xestión loxística diaria dunha empresa.
Os dispositivos de seguimento están sempre vinculados á carga e avisan automaticamente das incidencias que ocorren en tránsito; rotura de cadea de frío, desvío de roteiro, roubo ou manipulación non autorizada.