Qué é BFFood

BUSINESS FACTORY FOOD

Aceleradora do sector alimentario de Galicia

Impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria. Busca atraer e impulsar proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, para facer fronte aos retos do sector nunha contorna global

BFFood ten por obxecto implementar programas de apoio ao emprendemento e consolidación de proxectos especializados no sector alimentario e á súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables.

BFFood está enfocada a resolver os retos das empresas do sector, para o que lanza unha convocatoria pública cuxo obxectivo é buscar, identificar e seleccionar proxectos que estean aliñados coa resolución dos retos expostos e apoialos para chegar ao mercado con maiores garantías éxito.

Qué programas ofrece o BFFood?

BFFood conta con dous programas específicos de apoio aos proxectos participantes: aceleración e consolidación. Os programas están deseñados para o impulso dos proxectos en función do grao de desenvolvemento dos mesmos, desde a idea inicial co programa de aceleración, ata o afianzamento das vendas co programa de consolidación.

Os programas de BFFood teñen actividades de mentorización, formación, coaching, networking e acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos que permita aos proxectos avanzar no desenvolvemento da iniciativa emprendedora. Cabe destacar que cada un dos proxectos conta cun mentor especifico pertencente a unha empresa líder do sector alimentario que guíe e facilite o seu desenvolvemento no ecosistema do sector. Así mesmo, os proxectos terán acceso a un financiamento específico en forma de subvencións a fondo perdido e prestamos participativos, para favorecer o seu despegamento e consolidación.

Concept of environmental conservation in the garden for children.
Programa de apoio integral e especializado no sector alimentario de 9 meses de duración enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, as cales están a desenvolver ou desenvolveron un produto ou servizo mínimo viable e esbozaron un modelo de negocio, aliñado con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través de BFF.

Aceleración

10598
Programa de apoio integral e especializado no sector alimentario de 12 meses de duración enfocado a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas, aliñado con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario a través de BFFood

Consolidación

Por qué BFFood

Group 26

Saida Comercial

Acceso á cadea de valor do sector alimentario de Galicia facilitando a consecución de primeiros pedidos.
Group 27

Mentoría

Cada un dos proxectos contará cun mentor especifico pertencente a unha das empresas tractoras de BFFood.
Group 29

Formación

Os participantes son acredores dun programa de formación xeral e formación específica adaptada ás súas necesidades
Group 28

Espazo

Os proxectos poderán instalarse nalgunha das instalacións postas a disposición pola entidades colaboradoras de BFFood.
teacher

Infraestructuras, medios e servizos técnicos

Os proxectos participantes terán acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos.
Group 30

Ciclo completo

BFFood ten capacidade para cubrir as distintas etapas de evolución de calquera proxecto de emprendemento.
Group 31

Financiamento

Os proxectos terán apoio económico a través de GAIN e XESGALICIA.
Group 32

Networking

Favorecemos o networking entre os proxectos e as institucións, empresas e entidades do sector alimentario.

Retos

Reto 1

Dixitalización e automatización

Big Data e intelixencia Artificial
Integración dos sistemas de información e infraestruturas necesarias desde a captación do dato, tratamento e robustez dos datos, ata o seu tratamento e análise con ferramentas de intelixencia artificial para a toma de decisións.
Xemelgo dixital
Sistemas avanzados de simulación de procesos que permitan un rigoroso control dos sistemas para evitar problemas, previr tempos de inactividade, probar novas oportunidades de negocio, planificar escenarios futuros mediante simulacións e personalizar a produción a partir dos requirimentos dos clientes.
IoT e sensórica
Dispositivos conectados que permitan “en tempo real” o seguimento do inventario, o mantemento preditivo nas máquinas e/o o control remoto das condicións para asegurar a seguridade e a calidade do produto final, con especial aplicación no canle HORECA.
Reto 2

Trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria

Sistemas de xestión da calidade (SGC) paperless
Sistemas que faciliten que a información poida ser xerada, procesada, arquivada e consultada, tanto polas propias empresas como polos distintos axentes que interveñen en toda a cadea de valor da alimentación, dunha maneira substancialmente máis eficiente, segura e fiable.
Sistemas automáticos de medición en continuo
Sistemas para a monitoraxe e control de calidade dos alimentos a través do uso de sensores, que ofrezan resultados de parámetros obxectivos, que poidan ser adaptados a unha liña de procesos
Reto 3

Loxística

Etiquetado intelixente
Sistema de etiquetaxe integral e personalizable dos produtos que permita unha trazabilidade integral ao longo do conxunto da cadea de valor. De maneira particular, preténdese optimizar a loxística e xestión de inventario nas localizacións controladas.
Loxística 4.0
Solucións que supoñan unha optimización da cadea de subministración. Son de especial interese sistemas innovadores que mediante interconexión, novas interfaces e/ou novas programacións garantan unha xestión de envíos máis eficiente en previsión da demanda, unha redución de stocks e almacenaxes, unha optimización de roteiros, a xeolocalización de clientes, o coñecemento da localización e a trazabilidade da mercadoría.
Reto 4

Sustentabilidade

Envases innovadores, sostibles e novos materiais
Solucións que minimicen minimicen o impacto ambiental debido ao uso de plásticos en envases alimentarios. Son de especial interese proxectos de novos materiais sustitutivos do plástico, totalmente biodegradables, que garantan as características organolépticas dos produtos envasados.
Valorización de residuos e co-productos
Desenvolver novos produtos ou novas aplicacións de uso alimentario, mediante os cales sexa posible canalizar os desequilibrios de oferta e demanda así como os subproductos alimentarios, transformándoos en propostas innovadoras e saudables para a industria e/ou o consumidor final.
Novos procesos de transformación ecoeficientes e adaptados á demanda
Solucións que faciliten a implantación ou mellora nos procesos de transformación para facelos máis eco-eficientes. Trátase de avanzar nun uso sustentable, eficiente e optimizado dos recursos enerxéticos e as materias primas, e a diminuír ao máximo os residuos e emisións xerados no proceso de produción dun determinado produto.
Reto 5

Desenvolvemento de novos produtos

Productos saudábeis e nutrición personalizada
Novos produtos alimenticios, produtos mellorados e/ou aplicacións biotecnolóxicas alimentarias dirixidas a unha alimentación funcional e nutracética para a saúde e o envellecemento activo.
Novos ingredientes e propiedades
Novas solucións biotecnolóxicas, substancias sostibles e orgánicas que permitan unha mellora organoléptica, nutricional ou funcional dun produto alimentario.
Reto 6

Innovación de procesos e comercialización

Comercialización e interacción con clientes e consumidores
Novas soluciones TIC que acompañen ás propostas de valor do sector alimentario e supoñan novas características de interese tanto para os clientes como para calquera axente da cadea de valor alimentaria e que faciliten a comunicación en ambas as direccións.
Reto 7

Reto aberto

Reto Libre

Calquera iniciativa/proxecto que supoña unha innovación, en sentido amplo (produto, proceso, comercialización, etcétera), para o sector alimentario de Galicia, desde a orixe e tratamento da materia prima pasando por produtos de quinta gama ata pechar o círculo alimenticio, buscando a circularidade do fluxo de produtos e servizos empregados nas distintas fases da cadea de valor principal, así como dos elos laterais.

Serán especialmente valoradas e priorizadas aquelas propostas cuxa temática se enmarque nalgunha das grandes prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3.

Programa de formación

Os proxectos participantes en BFFood terán acceso a un programa de formación especifico segundo as súas necesidades e grao de desenvolvemento de proxecto que lles permitan adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para levar a éxito o seu proxecto de emprendemento. A formación será impartida por expertos das universidades e entre os distintos módulos de formación atópanse os seguintes.

Módulos de formación

Programa de coaching

O programa de coaching de BFFood terá por misión principal aplicar os coñecementos adquiridos á situación concreta de cada un dos proxectos mediante a acción de coaches especializados. Estes coaches, que irán acompañando aos proxectos en cada un dos sucesivos estadios de desenvolvemento, deberán, así mesmo, avaliar a súa situación e emitir informes temáticos que sirvan para que os mentores e o resto de organismos do programa posúan información precisa e actualizada da súa marcha e do traballo realizado ata o momento..

Calendario

  • Apertura da 6ª Edición

    2 de outubro
  • Peche da 6ª Edición

    17 de novembro ás 14:00
  • Entrevistas aos proxectos

    1 de decembro as 09:00
  • Publicación de proxectos seleccionados

    15 de decembro ás 15:00
  • Inicio do programa

    26 de xaneiro de 2024

Onde estamos