INGAL é unha proposta para a produción industrial do insecto Tenebrio molitor (verme da fariña) e a súa explotación comercial directa ou como subproductos. Os obxectivos expostos para a súa participación no programa céntranse en dispoñer dunha primeira granxa operativa en fase de cría, co fin de identificar todos os parámetros produtivos e de negocio asociados á cría e venda de insectos e os seus derivados.