2ª Edición: Aceleración

Galinsect

Galinsect ten como obxectivo desenvolver a metodoloxía e infraestrutura para o cultivo de insectos que permita acadar un modelo estable de produción de: proteínas de alto valor engadido para o uso en alimentación; quitina e aceites esenciais para a industria farmacéutica; e abono orgánico de elevado aporte biolóxico.

Reto: desenvolvemento de novos produtos.

Mentoría: Grupo Nueva Pescanova, Viña Costeira

Statera Labs

Statera Labs desenvolverá un innovador ingrediente bioactivo consistente nun liposoma de DHA con extracto de cúrcuma alto en curcuminoides e colecalciferol (vitamina D3) que se poida incorporar en distintas matrices alimentarias aportando beneficios reais para a saúde do consumidor.

Reto: producto saludábel e nutrición personalizada

Mentoría: DairyLac, LARSA (Grupo CAPSA)

SMART VITAMINS

SMART VITAMINS busca adaptar a tecnoloxía de nanocápsulas bioactivas, desenvolvida na USC (Universidade de Santiago de Compostela), para a súa incorporación en matrices alimentarias e validar o efecto biolóxico e/ou terapéutico dunha emulsión das mesmas con compostos bioactivos cando istes son administrados por vía oral integradas en alimentos.

Reto: producto saludable e nutrición personalizada

Mentoría: Clusaga

HEROOI

HEROOJ desenvolverá unha completa gama de produtos e nutracéticos especialmente orientados a deportistas de resistencia ou de alto rendemento. Os nosos hidroxeis, bolachas enerxéticas e bebidas hipertónicas e isotónicas elaboraranse a base de extractos de plantas con produción 100% ecolóxica e natural, e con base de auga de mar do océano Atlántico; podendo incorporar outros ingredientes naturais funcionais con propiedades antiinflamatorias e/ou de recuperación muscular.

Reto: producto saludable e nutrición personalizada

Mentoría: Gadisa

Hk_smart:food

Hk_smart:food é un innovador sistema IoT na nube para o rexistro de información multiparamétrica do equipamento da industria de alimentación especialmente orientado á canle Horeca. Hk_smart:food facilita a xestión e garante a trazabilidade, seguridade e sostenibilidad dos produtos que operan na canle horeca, conectando en tempo real ás marcas cos seus clientes.

Reto: dixitalización e automatización

Mentoría: Cafés Candelas

Kiwanda Food

Kiwanda Food é unha solución integral específica para o sector hortofrutícola para o control dixital baseado en sistemas RFID do proceso produtivo, desde a recolleita en campo ata o despacho aos mercados, incluíndo o control intelixente dos procesos de almacenamento e maduración da froita.

Reto: etiquetado intelixente

Mentoría: KIWI Atlántico

Biopraedium

Desenvolvemento e validación de Biopraedium Solar GreenHouse (BSG), unha unidade autónoma destinada á produción de alimento para gando e persoas mediante o emprego de tecnoloxías hidropónicas de cultivo, iluminación LED específica e sistema automatizado de sombra, co gaio de optimizar e estabilizar a duración dos ciclos de crecemento dos vexetais. BSG facilita obter un maior número anual de colleitas, cun menor consumo de recursos naturais posibles gracias ó emprego de sistemas sen terra e o completo aproveitamento da luz solar.

Reto: novos procesos de transformación ecoeficientes e adaptados á demanda

Mentoría: LARSA (Capsa Food)

SITRAV

SITRAV é o acrónimo de Sistema Trazabilidade Avanzado. Trátase dunha solución integral especialmente orientada ás empresas de procesado alimentario que garante unha xestión intelixente dos datos relacionados cos sistemas de produción industrial e un control visual da trazabilidade. O sistema demostrou o seu valía como solución de trazabilidade avanzada no sector pesqueiro e preténdese adaptar a mesma ao sector industrial de derivados da pesca e procesado de alimentos.

Reto: sistemas de calidade (SGS) paperless

Mentoría: Congalsa