Bases

VI Edición

Bases do Programa

Retos

Presenta o teu proxecto

BFFOOD é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XESGALICIA); coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), e conta coa participación de grandes empresas tractoras do sector, así como outras entidades colaboradoras do sector.

O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados no sector alimentario e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento; contribuíndo así a fortalecer o posicionamento do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

Coa visión de converterse nun referente na promoción da innovación aberta e disruptiva do sector alimentario, desprégase en tres eixos estratéxicos centrados na promoción da cultura emprendedora, o desenvolvemento dun ecosistema de innovación aberta e o fomento do tecido empresarial. E para iso conta co liderado da industria e o apoio dos axentes necesarios para consolidar un ecosistema de innovación no sector alimentario en Galicia.

As bases que aquí se despregan teñen como obxecto explicar as características do programa, os termos e condicións de participación dos proxectos que se presenten á convocatoria e, finalmente, os aspectos legais para a relación entre os participantes e BFFOOD.

No apartado, “Características de BFFOOD”, preséntase a iniciativa incluíndo os aspectos diferenciais, entre os que destaca o liderado da industria e o apoio ao ciclo completo do proxecto, os recursos postos ao dispor dos proxectos e as condicións do financiamento.

No seguinte apartado, “Termos e condicións”, detállanse aspectos que son importantes para a participación dos proxectos en BFFOOD, como poden ser os criterios de elixibilidade ou de avaliación dos proxectos, así como as esixencias aos proxectos durante as fases de aceleración e consolidación.

No apartado dedicado a “Aspectos  Legais”  trátanse    temas  como  as  responsabilidades,  a propiedade intelectual ou a protección dos datos persoais dos participantes no programa.

Por último, nos “Anexos” figura toda a relación de documentación a presentar para a solicitude e xustificación do financiamento das distintas entidades; GAIN e XESGALICIA. Así mesmo, no último anexo, recóllense as temáticas de especial interese definidas por e para o sector alimentario.